Por Viveiro pedirá na Pleno impulsar a aprobación do Pxom

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Bernardo Fraga e Manuel Galdo, concelleiros do grupo de Por Viveiro presentarán ao Pleno Municipal unha moción sobre o impulso da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
3 Aug 2020

Bernardo Fraga e Manuel Galdo, concelleiros do grupo de Por Viveiro presentarán ao Pleno Municipal unha moción sobre o impulso da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. 

"Viveiro atópase nunha situación urbanística que non pode continuar por máis tempo. O noso Concello está perdendo o tren do crecemento e a rehabilitación urbana, tren no que si que se atopan concellos do noso entorno. No ano 2006, suspendéronse con acerto as Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Viveiro, que levaban ao Concello a un crecemento desproporcionado e completamente desordenado. As normas realizadas no ano 1978 provocaron a situación na que nos atopamos na actualidade", din dende o grupo político..

Dende a aprobación do Decreto 102/2006 pasaron 13 anos, tempo no que se realizou a aprobación inicial do Pxom o 14 de abril de 2011. Esta aprobación inicial supuxo a apertura dun período de alegacións, foron moitas os veciños, que presentaron alegacións que a día de hoxe seguen sen resposta. A resposta ás alegacións é de obrigado cumprimento para poder chegar ao seguinte paso de aprobación provisional do Pxom, e aínda está pendente. 

Durante os últimos anos, "primeiro as trabas da Dirección Xeral de Patrimonio e logo as de Augas de Galicia, xunto con certo desinterese do Goberno Municipal, retrasaron a aprobación provisional do PXOM", din Fraga e Galdo. 

Son moitas os veciños, que viron durante estes anos truncados os seus desexos de utilizar as súas parcelas para os usos urbanísticos habituais. 

Dende Por Viveiro piden a necesidade urxente de que Viveiro conte cunha normativa de ordenación urbana acorde a este século e por isto que propoñen convocar a comisión de seguimento do PXOM durante a segunda semana de agosto do 2019, convocar a comisión a primeira semana de cada mes ata a aprobación provisional e instar ao Goberno Municipal a traballar para aprobar provisionalmente o Pxom durante o ano 2020.

Pasado un ano enteiro, dende a súa aprobación por unanimidade, "téñense celebrado en setembro do 2019 dúas reunións informativas, sen que ningún avance máis sexa coñecido polo noso Grupo Municipal, a respecto dos acordos alí establecidos", contan.

Dada a situación económica actual, e a futura crise derivada da situación de emerxencia sanitaria así como o futuro incerto da factoría de Alcoa, o Concello ten que actuar de forma áxil na búsqueda de alternativas que sirvan para dinamizar a economía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18946695327759