Portomarín acolle a exposición “Misión: Afganistán” no Pazo Xeral Paredes

O Pazo Xeral Paredes de Portomarín acolleu a inauguración da exposición itinerante “Misión: Afganistán”, organizada pola Subdelegación de Defensa en Lugo coa colaboración do Concello de Portomarín.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, destacou a profesionalidade e o sacrificio dos milleiros de militares españois que participaron nesta misión internacional, así como a importancia de achegar á cidadanía o labor desenvolvido polas Forzas Armadas en escenarios complexos e de grande dificultade.
A mostra, promovida polo Ministerio de Defensa, achega á cidadanía o traballo realizado polas Forzas Armadas españolas en Afganistán entre 2002 e 2012 a través de fotografías, paneis informativos, uniformes e distintos materiais expositivos que reflicten tanto o labor humanitario como o militar do continxente español.
A exposición permanecerá aberta ao público no Pazo Xeral Paredes e permitirá coñecer de primeira man o contexto social e xeográfico afgán, así como as distintas fases das operacións internacionais desenvolvidas no país.