Portomarín acollerá unha charla para achegar información sobre o dano cerebral adquirido

LugoXa
A sesión, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Dano Cerebral Galicia, celebrarase o 27 de xullo no Pazo Xeral Paredes
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
19 Jul 2026

O Concello de Portomarín organizará o vindeiro luns 27 de xullo unha charla informativa dedicada ao dano cerebral adquirido, en colaboración coa Asociación Dano Cerebral Galicia.

A actividade, que leva por título "Aproximación ao dano cerebral adquirido: causas, secuelas e recursos de atención", terá lugar no Pazo Xeral Paredes entre as 12:00 e as 13:30 horas.

Durante a sesión abordaranse as principais causas que poden provocar un dano cerebral adquirido, as secuelas que pode deixar nas persoas afectadas e os recursos de atención e apoio existentes para pacientes e familiares.

Con esta iniciativa, o Concello busca achegar información e sensibilizar á cidadanía sobre esta realidade, ao tempo que dá a coñecer os servizos e recursos dispoñibles para as persoas afectadas.

0.12630200386047