Portomarín arranca os seus tres días de festa

LugoXa
Portomarín celebra este fin de semana as festas na honra a Santo Cristo cun programa que combina distintas actuacións musicais e verbenas
fogos-artificiais-festas-patronais
31 Ago 2024

Portomarín celebra este fin de semana as festas na honra a Santo Cristo cun programa que combina distintas actuacións musicais e verbenas. Este sábado a partir das 20.00 actúa Carta de Ajuste, mentres que o programa do domingo comeza ás 13.00 horas con misa solemne co acompañamento da Coral Sarricanta e posterior sesión vermú coa charanga Os Chafalleiros.

A charanga tamén amenizará a tarde a partir das 19.00 horas e seguiralle a verbena da man da orquestra New York. O luns haberá de novo misa e posterior procesión e sesión vermú coa charanga de Paradela, que tamén actuará pola tarde. A verbena dará comezo ás 23.30 e estará protagonizada pola orquestra Compostela.

festas portomarín
0.1588568687439