Portomarín celebra a súa Festa dos Maiores na honra a San Isidro o 10 de maio

O Concello de Portomarín celebrará o vindeiro 10 de maio a Festa dos Maiores en honra a San Isidro, patrón dos agricultores e gandeiros, cun evento especialmente dedicado ás persoas maiores do municipio e a quen desexe acompañalas neste día.
O programa de actividades comezará ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa de San Xoán. A continuación, ás 14:00 horas, ofrecerase un xantar de balde no Pavillón Municipal de Portomarín, onde os asistentes poderán desfrutar dun menú tradicional galego de forma gratuíta.
O menú incluirá entrantes variados, empanada, carne ao caldeiro con cachelos e torta, acompañados de viño, auga, café e unhas pingas de augardente da terra.
Durante a tarde, a xornada estará amenizada por un grupo musical en directo, que porá o ambiente festivo a esta cita xa consolidada no calendario local.
O Concello agradece que as persoas interesadas en asistir fagan a súa inscrición previamente, ben nas oficinas municipais ou a través dos teléfonos 682 633 936 ou 982 54 50 70, o antes posible, por motivos de organización.