Portomarín celebrará o II Festival de Nadal cunha tarde de cultura e convivencia na Casa da Cultura

LugoXa
A iniciativa terá lugar o sábado 27 de decembro ás 17:00 horas cunha programación pensada para gozar en familia
Festival-de-Nadal-Portomarín
20 Dec 2025

A Asociación Río Miño de Portomarín, A ANPA Virxe da Luz, a Coral de Portomarín, e a Asociación de Mulleres Rurais "O Xaramago" organizan o II Festival de Nadal, unha cita coa que o municipio se prepara para vivir estas datas nun ambiente de encontro, celebración e convivencia. O evento celebrarase o sábado 27 de decembro, a partir das 17:00 horas, na Casa da Cultura de Portomarín, cunha proposta aberta á veciñanza e especialmente pensada para compartir o Nadal en comunidade.

A xornada contará cunha exposición das obras realizadas pola asociación “O Xaramago”, que permitirá achegarse ao traballo creativo desenvolvido polo colectivo. A programación completarase con actuacións musicais a cargo da Coral de Portomarín, dos nenos e nenas da ANPA e da propia Asociación Río Miño, configurando unha tarde na que a música e a participación colectiva terán un papel central.

O festival inclúe tamén unha sorpresa doce que porá o broche final a unha cita concibida para gozar en familia, compartir sorrisos e vivir o espírito do Nadal de maneira conxunta. Desde a organización destacan a ilusión posta nesta segunda edición do festival e agradecen a colaboración de todas as persoas e entidades que fan posible a súa celebración.

⚙ Configurar cookies
0.08237099647522