Portomarín estará de festa esta fin de semana

LugoXa
Portomarín celebrará as súas festas na honra a Santo Cristo esta fin de semana e ata o luns 4, que é festivo na localidade.
festas portomarin portada
festas portomarin portada
2 sep 2023

Portomarín celebrará as súas festas na honra a Santo Cristo esta fin de semana e ata o luns 4, que é festivo na localidade.

A verbena do sábado estará amenizada polo Dj Min como inicio das festas.

O domingo, a xornada festiva terá lugar ás 13.00 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo de AC Río Miño. Ás 18.00 horas haberá un partido de fútbol entre o Portomarín CF e o Paramo FC no campo de fútbol Chao da Poza, seguido dunha actuación da charanga KM O.

Ás 22.00 horas haberá unha actuación do grupo Carta de Ajuste e á medianoite, para rematar a sesión, haberá unha verbena a cargo do grupo Beatriz.

O luns, a xornada relixiosa será á mesma hora e, con anterioridade, organizarase un pasarrúas da man da charanga Bandidos. Ás 22.00, como fin de festas, haberá unha verbena a cargo do grupo La Disquetera, a orquestra Gran Parada e, finalemente, a actuación de Laura Añón.

festas portomarin
0.18722486495972