Portomarín, Palas de Rei e Monterroso impulsan un obradoiro dual de emprego conxunto

LugoXa
A iniciativa permitirá formar durante un ano a vinte persoas en xardinería e promoción turística cun investimento de 450.000 euros da Xunta de Galicia
alcaldes-Portomarín,-Palas-e-Monterroso
30 Dec 2025

Os concellos de Portomarín, Palas de Rei e Monterroso uniron esforzos para poñer en marcha un proxecto conxunto de obradoiro dual de emprego que ofrecerá formación e experiencia laboral a vinte persoas desempregadas ao longo dun ano. A actuación, financiada pola Xunta de Galicia cun orzamento de 450.000 euros, céntrase nas especialidades de xardinería e promoción turística local e información ao visitante.

As persoas participantes recibirán formación teórica e práctica, ao tempo que desenvolverán actuacións e prácticas profesionais en distintos puntos dos tres concellos, combinando aprendizaxe e experiencia real en servizos de interese público vinculados ao mantemento de espazos verdes e á dinamización turística.

Os alcaldes de Portomarín, Eloy Pérez, de Palas de Rei, Pablo Rivas, e de Monterroso, Pablo Taboada, presentaron esta iniciativa de inserción laboral que busca mellorar a empregabilidade da mocidade e favorecer a súa incorporación ao mercado de traballo. Unha vez rematado o obradoiro, as persoas participantes poderán ser contratadas por empresas da zona por un período mínimo de tres meses a xornada completa.

⚙ Configurar cookies
0.086805105209351