Portomarín súmase ao programa 'Sobes ao autobús do teatro' do Centro Dramático Galego

O Concello de Portomarín vén de ser admitido no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego denominado 'Sobes ao autobús do teatro', unha iniciativa que achega o teatro profesional á veciñanza mediante desprazamentos organizados ata Santiago de Compostela.
A actividade, que verán a obra 'Hamlet', desenvolverase o mércores 8 de abril cun espectáculo que terá lugar ás 18:00 horas no salón de teatro da capital galega. As persoas asistentes disporán dun autobús gratuíto que partirá ás 15:00 horas da Praza do Camiño de Portomarín e, unha vez rematada a representación, regresará ao municipio ás 20:15 horas.
A proposta está recomendada para maiores de 16 anos e conta con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa participación chamando ao número 621.197.440 ata o 3 de abril.