Portomarín: Un grupo de independentes quere rachar co bipartidismo local
O concello de Portomarín conta dende as eleccións de 2015 con só dous partidos con representación tras quedar fóra o BNG que no 2011 contaba cun concelleiro e no 2017 con dous.
PP e PSOE conseguiron os mesmos concelleiros nos dous últimos comicios celebrados, no 2015 e no 2019, cunha maioría absoluta para os populares pola mínima con cinco concelleiros fronte aos catro obtidos polos socialistas.
Juan Serrano foi alcalde da localidade de Portomarín dende 2011 con tres maiorías absolutas e dimitiu do seu cargo en outubro de 2021, alegando que os seus obxectivos estaban cumpridos e cedendo o relevo a Pablo Rivas, que ata o momento ostentaba o cargo de tenente alcalde. Así os populares volven confiar en Rivas, para encabezar as listas para as vindeiras eleccións do 28 de maio co obxectivo de revalidar a maioría absoluta.
Pola súa parte os socialistas buscan ampliar a súa representación e renovan candidato. Será Marcos Arias, actual concelleiro, o encargado de liderar a lista do PSOE que se mostra “moi satisfeito e agradecido a toda a militancia por confiar en min para encabezar este proxecto” e ten como obxectivos principais “fixar poboación, crear emprego e promover o noso patrimonio” entre outros.
Ademais, Portomarín contará cunha lista independiente, Terras de Portomarín, que forma parte da plataforma Interior Galego Vivo e na que Roberto Rodríguez será o encargado de encabezar a lista.
Rodríguez acude por primeira vez como cabeza de lista nunhas eleccións en Portomarín aínda que xa foi concelleiro polo Partido Popular cando Juan Serrano era o alcalde. O Bloque Nacionalista Galego, que leva sen representación no concello de Portomarín dende as eleccións do 2015 e que nas pasadas tan só recibiu 26 votos non presenta lista para estas eleccións.
Juan Serrano foi alcalde de Portomarín dende 2011 con tres maiorías absolutas e dimitiu en outubro de 2021 cedendo o relevo a Pablo Rivas
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Marcos Arias Rodríguez
2. Tania Rodríguez Rodríguez
3. Sergio Vázquez González
4. Óscar Martínez García
5. Ibán Vázquez Ramos
6. Aroa González Rodríguez
7. Hugo Gómez Díaz
8. Rebeca Rodríguez Travería
9. Antonio Luaces Quiroga
Suplentes
1. Silvia Rodríguez Díaz
2. Montserrat Díaz Rodríguez
3. José Manuel Rodríguez Pol
PP
1. Pablo Rivas Folgueira
2. Javier Rodríguez Vázquez
3. José Manuel López González
4. Ana Isabel Rivera Fente
5. Víctor Manuel Vidal Martínez
6. Silvia Rodríguez Conde
7. Manuel Enríquez Villamor
8. Manuel Vega Pin
9. Laura Rodríguez Vázquez
Suplentes
1. Juan Carlos Serrano López
2. Elías Vázquez Vázquez
3. Carmen Pérez Fontao
CIF
1. Roberto Rodríguez Pérez
2. Alejandro Varela López
3. Ismael Quintián López
4. María Concepción Ruíz Jarrillo
5. Eladio Fernández Rigueira
6. Paula Coto Vázquez
7. Mario Fernando Restrepo Aguirre
8. Manuel Rodríguez Mariño
9. Lucía Vila Edreira