Portomarín volve brindar con cervexa na nova edición do Portomarín Beerfest

LugoXa

Portomarín volve a brindar con cervexa coa nova edición da Portomarín Beerfest.

Portomarin Beerfest 2023
Portomarin Beerfest 2023
8 abr 2024

Portomarín volve a brindar con cervexa coa nova edición da Portomarín Beerfest. Un evento que inclúe a mellor selección de cervexas internacionais e nacionais e a presenza dos grandes mestres.

A cita regresa á Praza do Camiño os días 3, 4 e 5 de maio e volve a mesturar a mellor gastronomía, música e ambiente para gozar da feira. Grecia e Inglaterra, así como tamén dende Andalucía, Asturias e Cataluña serán algúns dos lugares representados no encontro.

Entre as catas confirmadas, encóntrase a impartida por Juan Pablo Ferreiros o sábado 4. Trátase dunha degustación de cervexa de fermentación mixta para descubrir cervexas deste estilo centenario que se elabora tamén en Galicia , concretamente na Fonsagrada.  Ademais, polo momento están confirmados os DJs Mas Music DJs, Santi Mille, Mateo Comunero, Juanosns e Guilherme Zapata.