Presentación do Cancioneiro da Ribeira de Piquín no Chao do Pousadoiro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presenta na área recreativa do Chao do Pousadoiro o Cancioneiro da Ribeira de Piquín,
PORTADA CANCIONEIRO portada
29 Xul 2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presenta hoxe as 19:30 na área recreativa do Chao do Pousadoiro o Cancioneiro da Ribeira de Piquín, unha publicación da editorial Canela que compila máis de 200 cantares tradicionais recollidos no concello e na contorna, directamente e a través de documentación en arquivos.

A obra, da que son autores Noemí García Rodríguez (Lugo, 1995) e Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973), conta cun completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das cantigas, a simboloxía o valor da língua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.

Como ven facendo con outras publicacións de interese etnográfico, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou coa edición do libro e que contribúe tamén a súa difusión con presentacións como a deste venres.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistirá ao acto, no que participarán as dúas persoas autoras e Álvaro Seivane, do Obradoiro de Instrumentos Musicais Seivane, así como o alcalde ribeirego e deputado de Recursos Sostibles Roberto Fernández.

0.22921395301819