Presentada a novena edición da Carreira Popular de Montaña do Club Fluvial de Lugo

LugoXa
A proba celebrarase o domingo 16 de novembro con percorridos de 15,3 e 10,3 quilómetros e inscripción aberta ata o día 13
Carreira-Popular-de-Montaña-Club-Fluvial Lugo
11 Nov 2025

O Club Fluvial de Lugo presentou a novena edición da súa Carreira Popular de Montaña, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de novembro a partir das 11.00 horas nas inmediacións do club.

A proba constará de dous percorridos, un de 15,3 quilómetros e outro de 10,3 quilómetros, e os deportistas poderán elixir no momento da inscrición entre a carreira longa ou a curta. Ata o momento, xa se inscribiron arredor de 150 participantes, e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o xoves 13.

Ao rematar a competición celebrarase a entrega de premios nas instalacións do Club Fluvial. Recibirán trofeos os tres primeiros clasificados na xeral da distancia longa, e tamén se entregarán medallas aos tres primeiros de cada categoría. Todos os participantes recibirán ademais unha camiseta conmemorativa da carreira.

O delegado territorial destacou a “gran aceptación” que teñen en Lugo este tipo de probas, “que ademais de promover a práctica do atletismo, poñen en valor a espectacular contorna natural da cidade”. Arias eloxiou tamén “o esforzo e a implicación do Club Fluvial, que ano tras ano consegue consolidar esta cita deportiva como unha das máis atractivas do calendario provincial, reunindo a numerosos corredores e afeccionados e fomentando hábitos de vida saudables entre a cidadanía”.

⚙ Configurar cookies
0.073245048522949