Presentado o calendario de 2025 de Lugo, con imaxes históricas das parroquias do municipio

LugoXa
O calendario de 2025 busca non só lembrar a historia das parroquias lucenses, senón tamén reforzar o vínculo da cidadanía co seu patrimonio
veciñanza-de-Cuiña-Lugo
3 Feb 2025

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, reuniuse coa veciñanza de Cuíña nun dos encontros organizados pola área de Participación para dar a coñecer o calendario de 2025.

Este calendario, editado pola mesma área, foi elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal e leva por título A terra entre as mans.

A edición deste ano recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas distintas parroquias de Lugo, ofrecendo unha viaxe visual ao pasado da contorna.

Cristina López destacou que este proxecto, que se vén realizando con éxito ano tras ano, reflicte o compromiso do Concello por visibilizar o rural de Lugo e poñer en valor a súa historia.

A edil está a levar a cabo unha serie de visitas ás parroquias participantes no proxecto, destacando a importancia do legado histórico e cultural do rural.

"O papel dos nosos antepasados e a súa labor seguen vixentes ata hoxe, grazas en parte á información que nos proporcionan as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas", afirmou López.

O calendario de 2025 busca non só lembrar a historia das parroquias lucenses, senón tamén reforzar o vínculo da cidadanía co seu patrimonio, fomentando o coñecemento e a preservación da memoria colectiva.

0.16849112510681