Presentado o ciclo de visitas turísticas de Lugo

LugoXa
Entre o 11 de xuño e o 12 de setembro, a área de Cultura organiza visitas guiadas todos os venres, sábados e domingos ás 12 horas.
ruben arroxo maite ferreiro
9 Jun 2021

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou as visitas turísticas que se organizan desde o Concello de cara a este verán. Maite Ferreiro explicou que “a nova programación contará con 63 paseos guiados pola cidade, tanto para as persoas que decidan visitarnos como para as veciñas e veciños de Lugo”.

Entre o 11 de xuño e o 12 de setembro, a área de Cultura organiza visitas guiadas todos os venres, sábados e domingos ás 12 horas. Serán visitas guiadas polo casco histórico, onde se explicará o patrimonio artístico e cultural do centro da cidade, e que partirán desde a oficina de Turismo, situada na praza do Campo.

“Este ano, como novidade, organizamos novas rutas coas que desfrutar da arte nas rúas, nas súas distintas expresións”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “visitaranse as intervencións artísticas, entre as que se atopan os murais realizados durante o Culturban, elementos escultóricos e as palabras do ano entre outras mostras artísticas das rúas”. Estas novas visitas organizaranse a pé e en bicicleta, “apostando por unha mobilidade sostible e saudable”, afirmou Maite Ferreiro.

As rutas artísticas terán lugar entre o 25 de xuño e o 17 de setembro, durante 10 venres, 7 mércores e catro sábados. Para as visitas en bicicleta, será preciso que cada persoa leve a súa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2018039226532