Presentado o proxecto de nova mobilidade de Lugo, centrado no bus urbano, o transporte a demanda e os vieiros escolares

LugoXa
Rubén Arroxo anuncia a renovación do contrato do transporte urbano, un proceso participativo para definir as futuras liñas e novas reunións coa veciñanza ata o 15 de marzo
proxecto-nova-mobilidade-Concello-de-Lugo
20 Feb 2026

A área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo deu a coñecer o seu proxecto de “nova mobilidade”, unha folla de ruta que, segundo explicou o tenente alcalde Rubén Arroxo, se sustenta en tres piares fundamentais: o transporte público urbano, o transporte rural a demanda e os vieiros escolares, e que se complementa co servizo interurbano que xestiona a Xunta de Galicia.

Arroxo cualificou como o proxecto “mais potente” no que está a traballar a Tenencia de Alcaldía a renovación do transporte urbano. No seu balance dos anos 2024 e 2025 destacou que se bateron todos os rexistros de persoas usuarias, subliñando que en 2025 se superaron por primeira vez os 10.000 usuarios nun so día. Con todo, advertiu de que as actuais liñas resultan insuficientes e presentan limitacións derivadas da antigüidade do contrato, que establece un tope de quilometraxe que impide atender todas as zonas con demanda, como A Abella, Lamas de Prado ou As Gándaras, así como carencias tecnolóxicas, entre elas a dificultade para integrar os percorridos en aplicacións de mapas.

En canto ao calendario, a previsión pasa por finalizar o contrato vixente en xuño e aprobar unha prorroga temporal de varios meses mentres se tramita a adxudicación do novo servizo. O deseño das futuras liñas elaborarase mediante xuntanzas abertas coa veciñanza. A primeira celebrarase en Nadela, vinculada tamén a unha modificación puntual que permitira duplicar as conexión en bus desta zona, aínda que servira tamén para abordar o modelo global.

O calendario de encontros continuara o dia 24 as 18:30 horas no Centro de Convivencia Maruxa Mallo, o 25 as 19:30 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneira, o 27 as 18:30 horas no Centro de Convivencia Maria Balteira, o 2 de marzo as 19:30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi e o 3 de marzo as 19:30 horas no Centro de Convivencia Aquilino Iglesias Alvarino. Asi mesmo, habilitouse o correo mobilidade@lugo.gal para recoller propostas da cidadanía que non poida asistir, aberto ata o 15 de marzo.

PROPOSTA DE LIÑAS

Unha vez recompiladas todas as achegas, presentarase unha primeira proposta de liñas antes de que remate marzo, co obxectivo de que durante a segunda quincena dese mes se poidan formular novas suxestións. Cando o modelo sexa definitivo iniciarase a redacción dos pregos. Arroxo explicou que e preciso definir previamente o esquema de liñas para calcular o custo de licitación e o quilometraxe teórico. O novo contrato incorporara a posibilidade de ampliar posteriormente o servizo para adaptarse ao crecemento urbano e a posibles novas edificacións.

A area de Mobilidade fixa como meta iniciar a licitación tras o verán e tentar resolver a adxudicación antes de que remate o ano, aínda que estes prazos poderían alongarse por recursos ou tramites administrativos. O propósito, segundo indicou o tenente alcalde, e consolidar e incrementar o uso diario do bus urbano, garantindo conexión eficaces cos barrios, conexión sinxelas, unha frecuencia de 30 minutos e reducindo a frecuencia nos eixos principais, actualmente situada en 12 minutos.

No ámbito rural, Arroxo salientou a boa acollida do plan piloto de transporte a demanda, operativo de luns a venres en dias laborables, que esta a rexistrar unha utilización superior a prevista, con persoas usuarias todos os dias desde a súa posta en marcha. A intención e avanzar cara a un prego que permita ampliar e cubrir mais zonas do rural.

Na actualidade, 11 parroquias están atendidas pola liña rural do bus urbano e outras 3 pola liña 3.2, mentres que diferentes servizos interurbanos percorren as estradas de Friol, Portomarín, Ombreiro ou A Fonsagrada. No ultimo pleno municipal presentouse unha moción para instar a Xunta a reforzar frecuencias como as de Ombreiro, O Veral ou Santa Maria Alta, que contan con tres servizos diarios. Arroxo defendeu que se trata dunha cuestión de xustiza para garantir que practicamente a totalidade das parroquias do municipio dispoñan dunha cobertura relevante, tanto co transporte a demanda como co interurbano.

O terceiro piar da nova mobilidade son os vieiros escolares, unha iniciativa iniciada hai 3 anos e medio que permite que 80 nenos e nenas acudan a pe ao colexio acompañados por monitores. Segundo destacou Arroxo, cada menor que participa supón un vehículo menos nas portas dos centros e contribuír a reducir problemas de trafico e seguridade. Neste sentido, lembrou as intervencións realizadas en Gallego Tato, diante do Colexio Rosalía, as que se desenvolven nas Mercedes e as previstas na contorna da Anexa e do colexio Illa Verde, co obxectivo de continuar calmando o trafico e consolidar un cambio estrutural na mobilidade da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.082198858261108