Presentados os seis proxectos que estarán en Lugo co programa Atopémonos Bailando

LugoXa
En el día de hoy, 26 de abril, se presentaron los 6 proyectos que formarán parte del programa Atopémonos bailando de Lugo.
atopemonos bailando presentacion
26 Apr 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, presentou xunto con integrantes do Colectivo Glovo e Jacobo Sutil, presidente da AGADIC os resultados do proceso selectivo de residencias artísticas e de investigación, que baixo o nome Atopémonos Bailando permitirá ás profesionais de danza e artes do movemento realizar as súas investigacións en Lugo entre os meses de maio e novembro.

En total, presentáronse 93 proxectos, 11 chegados de Portugal, 32 de Galicia e 50 do resto do estado. Os 6 proxectos escollidos realizarán as súas estadías en Lugo e realizarán unha actividade aberta.

Os proxectos escollidos son o de Sofía Kafol de Portugal, Paula Quintas de Galicia, Lucía Marote de Madrid, Sabela Mendoza de Galicia, Alba González Herrera de Madrid e Sonsoles Cordón de Galicia.

“Con Atopémonos Bailando desde a área de Cultura do Concello de Lugo consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza”, declarou Arroxo.

O proxecto Atopémonos Bailando ten como obxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galiza, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional e gratuíta.

Toda a información pode atoparse na web do proxecto, http://www.atopemonosbailando.com/


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18715500831604