Presentan a oitava das empresas que recibirá financiamento do Lugo Transforma

LugoXa
Presentan a oitava das empresas que recibirá financiamento da Estratexia Lugo Transforma.
lugo_transforma
lugo_transforma
5 Xul 2024

Presentan a oitava das empresas que recibirá financiamento da Estratexia Lugo Transforma. Esta ambiciosa iniciativa e unha das ferramentas coas que o Executivo local busca impulsar a diversificación industrial do municipio e promover a creación de emprego estable e de calidade para seguir fixando poboación na nosa cidade. A nova integrante do fondo de capital risco municipal foi constituída en Lugo en 2018. Nestes seis anos de percorrido logrou facerse un oco dentro dun sector moi competitivo como é o tenolóxico cunha actividade radicada fundamentalmente na nosa urbe.

“Trátase dunha firma centrada en tres áreas moi específicas que ademais están en continuo desenvolvemento, como a IoT (Internet of Things), IA (Intelixencia Artificial) e a Big Data”, explicou a rexedora, quen resaltou o feito de que a aposta polo desenvovemento tecnolóxico aplicado a incentivación da economía verde e circular “está en absoluta consonancia coas liñas de actuación determinadas dende o Concello e que son eixos vertebrador de Lugo Trasnforma”. Así, desde a starup luncense desenvolveron unha solución formada por un dispositivo hardware equipado cun software específico que permite converter os tradicionais bancos de máquinas de café en dispositivos intelixentes capaces de monitorizar datos relativos ao consumo de café achegando datos precisos sobre aspectos como os gramos de material consumido ou o caudal de auga utilizado.

“Ademais esta tecnoloxía nacida en Lugo analiza  a calidade do proceso, así como o estado das propias máquinas a súa localización, o estado de conexión ou o tempo que lle resta de vida útil, aspectos que permiten mellorar a eficiencia do establecemento, e por tanto, logrando un importante aforro de tempos e custos”, precisou Alvarellos. Deste xeito, a compañía que ten a súa sede na rúa  Illas Cíes, conta na actualidade cun plantel formado por  7  persoas traballadoras, que nun futuro inmediato medrará considerablemente xa o seu plan de negocio recolle a creación de 12 novos postos de traballo directos e 30 indirectos nos próximos 5 anos.

A alcaldesa explicou que o investimento por parte do fondo Lugo Transforma ascende nesta caso aos 300.000 euros destinados a equity. E dicir, entrando directamente no capital da compañía. Estes fondos irán destinados a aprovisionamentos, á expansión comercial e, fundamentalmente, a internacional e ao aumento do seu persoal. “O apoio ao emprendemento é un piar fundamental  da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego de calidade e fixar poboación, avanzando así nun Lugo de oportunidades”, apunto a rexedora.

0.17781591415405