Presentan as actividades do Samaín 2024, que contará con distintas propostas de lecer

LugoXa
A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico e no Vello Cárcere
samain-sarria-portada
30 Oct 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2024, que contará con distintas propostas de lecer que, segundo declarou Maite Ferreiro, "achegarán distintas propostas para todos os públicos nas rúas da cidade".

A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro 1 de novembro a partir das 20.00 horas na praza da Soidade, co concerto de Adrián Vigo; e o 2 de novembro, cos pasarrúas de Caivanca  en Campo Castelo e Recatelo; e a Tambukda, na Rúa Nova, praza do Campo e Tinería, a partir das 20.00 horas, "unha actividade que cada ano é un gran éxito".

Ademais, o Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural ao longo da semana.

Ademais, o 30 de outubro, entre as 17.30 e as 18.30 horas, o espazo didáctico acollerá a actividade 'A toda cor: Samaín', para nenas e nenos, e o 31 a biblioteca acollerá a actividade 'Minirrelatos: Samaín', tamén en horario de 17.30 a 18.30 horas.

Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico vellocarcere@lugo.gal ou no teléfono 982 297 195.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17551493644714