Presentan na Milagrosa o documental sobre os segadores da zona de Órrea

LugoXa
A Casa das Asociacións da Milagrosa acolle este venres, 9 de xuño, a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela
DOCUMENTAL SEGADORES MILAGROSA LUGO PORTADA
DOCUMENTAL SEGADORES MILAGROSA LUGO PORTADA
8 Xuño 2023

A Casa das Asociacións do parque da Milagrosa acolle este venres, 9 de xuño, a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Este documental, coa dirección de Laura Alonso e Vanesa G. Lourido, recolle as testemuñas dun gran número de veciños desta localidade de Riotorto, que foron entrevistados os últimos meses.

Un total de 30 veciños, un deles unha muller, aportan as súas lembranzas do que califican como "un feito fundamental da historia da nosa parroquia".

A sesión terá lugar ás 20.00 horas e é aberta ao público

O documental foi encargado pola Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea.

348650813_937576984218864_5270328235935568372_n
0.19684720039368