Presentan o cartel da XIX edición do Maratón de Fútbol Sala de Castroverde

LugoXa
O torneo disputarase no Pavillón da Ferrería e repartirá premios económicos e trofeos entre os mellores equipos clasificados
Cartel-maratón-fútbol-sala-Castroverde-26
21 May 2026

O Castroverde Fútbol Sala organiza os días 13 e 14 de xuño a XIX edición do Maratón de Fútbol Sala de Castroverde, unha cita deportiva que volverá celebrarse no Pavillón da Ferrería.

A competición contará cunha cota de inscrición de 150 euros por equipo e o prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o 10 de xuño. O torneo repartirá diferentes premios económicos e trofeos entre os mellores clasificados, cun primeiro premio dotado con 1.000 euros e trofeo, mentres que o segundo clasificado recibirá 500 euros e trofeo.

Os equipos que rematen en terceira e cuarta posición obterán 200 euros e trofeo, respectivamente. Ademais, desde a organización explican que os equipos clasificados entre o quinto e o oitavo posto recibirán 150 euros no caso de que se alcance un mínimo de 24 inscricións.

O evento incluirá tamén un torneo de tute e diferentes actividades de animación musical, co obxectivo de converter a cita nun encontro deportivo e festivo durante toda a fin de semana.

0.11933898925781