Presentan o cartel definitivo do Festival A Candeloria de Lugo

LugoXa
A organización tamén confirmou que, a diferenza de edicións anteriores, este ano non se habilitarán espazos para acampada
Cartel-final-A-Candeloria-2025
27 Feb 2025

A organización do Festival A Candeloria presentou oficialmente o seu cartel definitivo para a edición de 2025, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os próximos 4 e 5 de abril.

Este ano, o evento contará con 14 cabezas de cartel que animarán o fin de semana en Lugo: o venres, estarán Boikot, Koma, Sons of Aguirre & Scila, Sara Socas, Pigs Parlament, Jordi Panico; mentres que o sábado será o turno de Narco, Dakidarría, Lendakaris Muertos, Kaos Urbano, Crim, Flow Toxo, Abaixo cu Sistema, Jordi Panico.

A organización tamén confirmou que, a diferenza de edicións anteriores, este ano non se habilitarán espazos para acampada, polo que se recomenda aos asistentes planificar o seu aloxamento con antelación.

O regreso de A Candeloria promete ser unha festa inolvidable para os amantes da música, a cultura e a diversión. Co cartel tan impresionante, as expectativas están moi altas para esta icónica celebración que pon a Lugo no mapa dos grandes festivais do ano.

⚙ Configurar cookies
0.045567989349365