Presentan en Friol o libro que recolle os premios de investigación
TerraChaXa | LugoXa
O centro sociocultural de Friol acollerá o 23 de xullo a presentación do libro Premios de investigación histórica, cultural e etnográfica.
13 Xul 2022
O centro sociocultural de Friol acollerá o sábado 23 de xullo a presentación do libro Premios de investigación histórica, cultural e etnográfica, organizado pola asociacion Carballo Vivo e o Concello de Friol.
A presentación terá lugar ás 17.00 horas e intervirán na mesma representantes dos dous organismos convocantes así como dos coordinadores da obra.
Ademais, está invitado a participar Felipe Arias Vilas, ex director do Museo do Castro de Viladonga e actuará como moderador David Espiño.
Ás 19.00 horas terá lugar a actuación musical de Pandereteiras sen fronteiras.