Presentan o primeiro libro colectivo da colección Ouriceira de Kamarada Editorial

GaliciaXa | LugoXa
O acto terá lugar o venres 27 en Saa e reunirá a 41 autoras e autores de toda Galicia
primeiro-libro-colectivo-da-colección-Ouriceira-Lugo
26 Mar 2026

O venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Taberna Cultural A Despensa de Saa, presentarase o primeiro libro colectivo da colección Ouriceira, editada por Kamarada Editorial.

O volume xorde das achegas dos subscritores da colección Restrelos de Kamarada Editorial, que xa publicou o primeiro libro titulado O soño de Patti Smith, de Xesús Trashorras. O segundo libro da serie, en preparación, será de Marica Campo, e o terceiro corresponderá a Xulio Valcárcel.

Kamarada Editorial é un proxecto promovido por Cris de Iskoö desde San Cosme de Barreiros, Castroverde, cunha clara intención de xerar sinerxias culturais no ámbito rural e proxectalas tanto ao arredor como ao mundo urbano, coa idea de que “non todos os faros están no cemento das urbes”.

Neste libro participan 41 autoras e autores de toda Galicia con poesía ou relato, e algúns deles estarán presentes no acto de presentación para compartir o seu traballo co público.

0.12592315673828