Preséntase o obradoiro para reformar a vaguada do campus de Lugo

LugoXa
A Deputación de Lugo participa no obradoiro do que sairán as ideas para reformar a Vaguada do Campus universitario.
garcia porto usc
14 Jun 2021

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns na apertura da presentación do obradoiro promovido pola USC do que sairán os proxectos para a renovación da Vaguada do Campus. Entre o xurado que valorará as propostas estará unha técnica da institución provincial.

García Porto deu a benvida ao alumnado deste obradoiro, dirixido principalmente aos alumnos do grao de Paisaxe e de Enxeñaría Agrícola da Escola Politécnica Superior, e animounos a aproveitar a oportunidade que lles “permitirá reflexionar sobre a paisaxe da súa contorna, porque é necesario redeseñar con criterios como a mobilidade, a sustentabilidade, a perspectiva de xénero os espazos públicos, pero tamén a relación entre o Campus e o seu contorno urbano”.

“Estou segura tamén, de que con este tipo de traballos vaise reforzar, non só a formación académica, senón tamén eses lazos de convivencia que marcan a personalidade dos grandes centros universitarios e os converten nun orgullo para a cidadanía e nun destino preferencial para alumnos e profesorado”, indicou a Deputada.

O obradoiro sobre a Vaguada do Campus permite aplicar os coñecementos nun traballo real, concreto e vencellado á contorna dos estudantes. Así mesmo, permitirá contar cun novo espazo de lecer a carón da natureza para o alumnado universitario pero tamén para todos os veciños e veciñas da provincia. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19711399078369