Preto de 150 persoas participan na Xuntanza de Xubilados e Pensionistas

Rábade celebrou este domingo a súa tradicional Xuntanza de Xubilados e Pensionistas no Asador Coto Real, nun encontro marcado pola convivencia e a participación veciñal.
A cita reuniu preto de 150 persoas, que compartiron unha xornada festiva organizada polo Concello como recoñecemento ás persoas maiores do municipio.
Durante o encontro, o Goberno local fixo entrega dun obsequio ás persoas asistentes e organizou tamén un sorteo de agasallos entre os participantes, nun ambiente distendido e de celebración.
Desde o Concello destacaron a importancia de manter este tipo de actividades, que fomentan a convivencia, o encontro social e o recoñecemento ao colectivo de xubilados e pensionistas da vila.