Preto de 80 comercios participarán nunha nova edición de Comercio na Rúa en Lugo

LugoXa
A campaña impulsada pola Federación de Comercio e o Concello volverá celebrarse o martes 26 de maio para promover o consumo no comercio local
comercio_na_rua_lugo
25 May 2026

Lugo acollerá o vindeiro martes 26 de maio unha nova xornada de Comercio na Rúa, unha iniciativa que se leva a cabo o último martes de cada mes co obxectivo de dinamizar a actividade comercial na cidade e achegar os establecementos locais á veciñanza.

A campaña está organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración co Concello de Lugo e contará nesta ocasión coa participación de arredor de 80 negocios da capital adheridos á entidade comercial.

Durante a xornada, os establecementos participantes poderán expoñer os seus produtos no exterior dos locais, favorecendo así unha maior visibilidade e un contacto máis directo coa clientela. Ademais, os comercios estarán identificados cunha banderola específica da campaña para facilitar o seu recoñecemento.

Desde a organización destacan que Comercio na Rúa busca poñer en valor o pequeno comercio e fomentar o consumo de proximidade, ao tempo que contribúe a dinamizar as rúas da cidade e a impulsar a actividade económica do sector comercial lucense.

0.12360191345215