Programan no Corgo unha conferencia para mellorar a seguridade dos maiores

LugoXa
Falarán sobre os roubos nas vivendas, na rúa ou en grandes aglomeracións e darán consellos para evitar calquera tipo de malos tratos
maiores-recurso
19 Out 2024

O Concello do Corgo en colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Lugo achega aos seus veciños unha charla/ conferencia dirixida especialmente aos maiores, aínda que de interese para tódolos públicos tratando temas de seguridade cidadán.

Falarán sobre os roubos nas vivendas, na rúa ou en grandes aglomeracións, darán consellos para evitar calquera tipo de malos tratos, accidentes domésticos, no rural, seguridade vial e tamén farán referencia ás estafas na internet. A cita terá lugar o vindeiro 22 de outubro a partir das 17.00 horas no centro sociocultural da vila.

0.088606119155884