Programan un curso de primeiros auxilios en Monterroso
O mércores 30 de outubro terá lugar en Monterroso un curso intensivo de Primeiros Auxilios no Espazo Cultural Lorenzo Varela. O curso desenvolverase entre as 16.00 e as 21.00 horas e estará centrado en dotar aos participantes de coñecementos básicos para actuar en situacións de emerxencia.
Entre os contidos principais inclúense temas como o concepto de primeiros auxilios, clasificación e conduta P.A.S. (Protexer, Avisar, Socorrer), a activación do 112, triaxe básico en emerxencias, hemorraxias, shock, queimaduras, e manobras para tratar situacións como golpes de calor, traumatismos e sospeita de infarto ou ictus.
O evento, organizado en colaboración coa Cruz Vermella e AFAMMER, está aberto á comunidade local e busca mellorar a capacidade de resposta ante accidentes e emerxencias cotiás. A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade.