Propoñen que a Escola Banda de Música de Antas reciba a Medalla de Ouro polo seu 125 aniversario

LugoXa
Os socialistas de Antas de Ulla propoñen ao Concello a Medalla de Ouro para a Escola Banda de Música no seu 125 aniversario
banda de musica antas de ulla pilar garcia porto
10 Sep 2021

A voceira socialista de Antas de Ulla, Pilar García Porto avanzou que o Grupo Socialista defenderá unha moción no vindeiro pleno para conceder á Escola Banda de Música de Antas de Ulla a Medalla de Ouro do Municipio

“Con esta distinción queremos recoñecer a labor social en formación musical, así como a traxectoria e conservación da memoria da Banda de Antas e a promoción da nosa vila por tódolos recunchos do mundo, a través desta formación musical”, explicou. 

Porto lembrou que este ano a banda conmemora o 125 Aniversario do seu nacemento. “Na actualidade a Asociación Escola Banda de Música de Antas de Ulla é a sucesora na transmisión do legado cultural e de valores que unha  formación musical  como é unha banda de música aporta a toda a sociedade”, sinalou.

A Voceira Socialista explicou que esta entidade cultural “exerce como represente da tradición musical e dos seus valores, así como o legado de  manter viva a memoria dun pobo, dun concello e de poder contala a través da actual formación musical. Amosando unha traxectoria de 125 anos, unha das máis antigas de Galicia, cunha meritoria calidade que da fé do bo traballo realizado ata os nosos días”. 

“Non hai que esquecer que detrás desta formación hai un gran labor de formación que ven de antano, pero tamén conta con moita ilusión, constancia, vocación artística, amor pola música, e moitas ganas de poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura. Tamén participa en coidadas e distinguidas accións que promoven e realizan unha positiva difusión de Antas de Ulla. Non só a través das actividades, eventos e celebracións que se realizan no noso Concello, senón tamén cando se desprazan para actuar e participar en concursos acadando merecidos premios, como xa aconteceu no XIII Certame Galego de Bandas de Música e considerándose a día de hoxe unha formación musical das máis relevantes de Galicia no panorama bandístico”.

“125 anos merecen un premio, unha homenaxe e un recoñecemento, pero sobre todo precisan azos para continuar seguir prendendo a mecha da música na nosa vila con tanta tradición, entendemos que é un deber de tódolos representantes políticos seguir traballando para que a Banda de Musica de Antas de Ulla continúe a súa traxectoria e celebre máis aniversarios”, resumiu Porto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1271231174469