Prorrogan a concesión do Mazo de Santa Comba, en Lugo

LugoXa
A Deputación aprobou tamén a adxudicación das prestacións de diversos servizos agrícolas e gandeiros para a Granxa Gayoso
pilar-garcia-deputada
pilar-garcia-deputada
7 Xul 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a prórroga, por un ano máis, do acordo relativo á concesión do Mazo de Santa Comba. Precisamente este venres vencía o prazo dos dous primeiros anos de vixencia do acordo ao que chegara a institución provincial co actual adxudicatario para a explotación deste ben provincial. Mediante este acordo, a concesión prolóngase ata xullo do 2025.

Ademais, aprobaron tamén a adxudicación das prestacións de diversos servizos agrícolas e gandeiros para a Granxa Gayoso Castro por un importe de 125.961 euros á empresa Isidro Hermanos Blanco Trigo, SL. García Porto explicou que se trata de servizos especializados, como a colleita de millo ou o empacado de herba, que precisan maquinaria especializada. O contrato terá unha duración dun ano coa posibilidade de prorrogalo de forma anual ata 3 veces, sen superar os catro anos.

0.19296407699585