Publicada a resolución sobre os barcos da Mariña autorizados a pescar xarda

TerraChaXa | LugoXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta de que a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publica hoxe no Boletín Oficial do Estado a resolución pola que se determinan os barcos da Mariña autorizados á pesca da xarda e a distribución das capturas que lles corresponden este ano.
117304064_2259871084137501_8215765585366524037_o
24 Mar 2020

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta de que a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publica hoxe no Boletín Oficial do Estado a resolución pola que se determinan os barcos da Mariña autorizados á pesca da xarda e a distribución das capturas que lles corresponden este ano.

A resolución da Secretaría Xeral de Pesca establece disposicións adicionais de ordenación da peixería da xarda das zonas VIIIc e IXa para os buques da flota de outras artes distintas as do arrastre e do cerco con porto base na provincia de Lugo. Nela establécense os barcos e o tope de capturas que lle corresponden neste ano.

A subdelegada indicou que a cota inicial de xarda que lles corresponde neste ano é de 616.230 kg.

Desa cantidade, resérvanse 554.607 kg para os barcos que, realizando as súas capturas con liñas de man e/ou cordel, conten con topes de capturas individual de kilos. O BOE publica hoxe o listado deses 39 barcos. Estes topes serán para todo o ano, ata o 31 de decembro, e non xerarán dereitos históricos para ningún dos pesqueiros. Cada un dos barcos que figuran no listado deberá consumir polo menos o 80% dos kilos que ten asignados para poder ser incluídos no listado do ano 2021. En ningún caso se poderán facer cesións de kilos entre barcos.

Tamén se reservan outros 61.623 kilos para aqueles barcos que pesquen usando redes de enmalle, barcos de artes menores que usen aparellos de anzol distintos das liñas de mano e/ou cordel e barcos da modalidade de palangre de fondo. Estes buques non poderán en ningún caso ter máis do 50% de xarda sobre o total de capturas dunha marea. Tamén neste caso a asignación será para todo o ano ata o 31 de decembro.

0.18393301963806