Publican o listado de entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo que reciben axudas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A área de deportes aprobou 315 achegas cun importe total de 600.000 euros para gastos en actividade competitiva e organizacionde eventos
Pazo-San-Marcos-Lugo
Pazo-San-Marcos-Lugo
7 Xul 2024

O Boletín Oficial da Provincia publica o listado provisional de entidades e clubs deportivos da provincia que reciben esta anualidade subvencións de concorrencia. Concedéronse 315 axudas, cun orzamento total de 600.000 euros, 255 para a actividade competitiva e 60 para a organización de eventos. O importe das achegas oscila entre os 500 e os 5.000 euros, en función dos criterios establecidos nas bases da convocatoria, nos que se ten en conta o rendemento deportivo, a incidencia social do club, o ámbito territorial, os anos de creación da entidade ou o persoal contratado.

Tamén se primou, de forma transversal, aos clubs con equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. O vicepresidente e deputado de Deportes Efrén Castro destacou que “se trata da principal liña de investimento da área de Deportes e da convocatoria de concorrencia competitiva con maior dotación orzamentaria das que se realizan desde a Deputación de Lugo, unha mostra do compromiso desta institución coa promoción do deporte”.

“É un dos recursos fundamentais para o mantemento do tecido deportivo, especialmente dos clubs de base e amateur que facilitan o acceso ao deporte e promoven a actividade física en todo o territorio”. A resolución da convocatoria é provisional. Coa publicación no BOP ábrese un prazo de 10 días para presentar alegacións.

0.19968199729919