Quindous celebrará o seu Festón o 7 de agosto con misa, tardeo e verbena

A localidade de Quindous, no concello de Cervantes, celebrará o 7 de agosto unha nova edición do seu tradicional Festón, cun programa que combinará actos relixiosos, música en directo e actividades gastronómicas ao longo de toda a xornada.
A programación dará comezo ás 12.00 horas coa misa solemne. Unha hora máis tarde, ás 13.00 horas, celebrarase a sesión vermú, amenizada por Carlos e o seu Acordeón e Lucía Pérez. Ademais, durante o mediodía haberá servizo de polbo no campo da feira.
A festa continuará pola tarde cun tardeo no que actuarán Carlos e o seu Acordeón, Os Gaioleiros e a Charanga Os Sureños, prolongando o ambiente festivo ata a noite.
A partir das 00.00 horas dará comezo a verbena, que estará protagonizada por El Combo Dominicano e DJ Casanova, encargados de pechar unha das citas festivas do verán no municipio de Cervantes.