Rábade arranca o Nadal este venres co acendido do alumeado ao ritmo das panxoliñas

LugoXa | TerraChaXa
O Mercado de Nadal ocupará a Praza de Abastos os días 27 e 28 de decembro e o 31 será a quenda da carreira popular Don Silvestre Rabandese
nadal-rabade
10 Dec 2025

O Concello de Rábade presentou o seu programa Nadal 2025, un completo calendario de actividades culturais, musicais e festivas que se desenvolverán entre o 12 de decembro e o 10 de xaneiro. O acendido do alumeado navideño o día 12 dará inicio á programación, acompañado de panxoliñas e a actuación do Coro Músico Crisanto ás 19.00 horas na Prazuela.

O fin de semana do 13 traerá dúas propostas destacadas: por unha banda, Alúa, o bosque itinerante, unha actividade de teatro, circo e música; e pola outra, un taller de baile dirixido ao público adulto. O día 14 haberá unha excursión a Ourense e Allariz. Xa o 18 celebrarase a actividade Ópera Cantamos! coa Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

O día 20 terá lugar o Recheo de Nadal, pensado para persoas adultas, cun sorteo de agasallos e chocolatada. A música será protagonista o 21 co tradicional Concerto de Nadal no Centro Sociocultural, coas Escolas Mancomunadas. O 22 contará coa visita de Papá Noel e tamén co inicio da Campa de Nadal, que se desenvolverá entre os días 22, 23, 24, 26, 29 e 30, destinada a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Ese mesmo día 22 celebrarase ademais un recital co tenor Pablo Varela, no centro sociocultural ás 19.00 horas.

O Mercado de Nadal ocupará a Praza de Abastos os días 27 e 28 de decembro. O 31 será a quenda da carreira popular Don Silvestre Rabandese, con saída ás 12:00 e premios para os cinco mellores disfraces. Xa en xaneiro, o día 3 celebrarase o Recheo de Reis para público adulto, e o día 5 terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos, con saída ás 17:30 e recepción real no Centro Sociocultural.

A programación pecharase o 10 de xaneiro coa representación teatral do Centro Dramático Galego, Memorias dun Neno Labrego. As actividades marcadas cunha estrela contan con prazas limitadas e requiren inscrición previa na Área de Cultura e Deporte.

rabade-programa-nadal
⚙ Configurar cookies
0.094365119934082