Rábade celebrará a segunda edición da Festa do Centenario este domingo

LugoXa | TerraChaXa
Ás 13:00 horas terá lugar unha procesión cívica polas rúas da localidade con acompañamento musical, que partirá do Concello antigo
centenario-de-Rabade
30 May 2026

O Concello de Rábade celebrará este domingo a II Festa do Centenario da localidade (1925-2025), unha cita coa que a vila continúa festexando os cen anos da súa independencia municipal e reforzando o orgullo de pertenza á localidade. O obxectivo é consolidar esta celebración como unha cita anual para reunir á veciñanza arredor da historia, a cultura e a identidade de Rábade.

O programa do domingo 31 arrancará ás 12:00 horas cunha misa solemne. Ás 13:00 horas terá lugar unha procesión cívica polas rúas da localidade con acompañamento musical, que partirá do Concello antigo.

Xa no Campo da Feira, ás 14:00 horas celebrarase a comida da II Festa do Centenario. A programación continuará pola tarde co Mercado do 25, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 21:00 horas na Praza de España. Ás 18:30 horas haberá festa Verbena D’antes, con Oxeito.

No Campo da Feira, ás 20:00 horas celebrarase o concerto da Asociación Músico Crisanto e, ás 22:00 horas, a actuación musical de Axeigo, que presentará o seu disco Recuncando.

Dentro da programación especial do segundo centenario tamén están previstas outras actividades culturais ao longo do mes de maio. O día 16, o Centro Sociocultural acolleu a presentación do conto Rábade, unha vila de conto, de Leticia Freire Veiga.

Ademais, os días 15, 22 e 29 de maio desenvolveuse un taller de asesoramento de vestiario histórico no Centro Sociocultural.

Hoxe, sábado, ás 18:00 horas, presentarase tamén no Centro Sociocultural o libro Cartafolio del Centenario, de Manuel Lage, nun acto no que participarán Elena Pérez Ferreiro, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés e Luis Francisco Lage de la Fuente.

Tamén abrirá a exposición As miradas da nosa historia, de Cristina Mejías Bamio, que poderá visitarse no Centro Sociocultural ata o 26 de xuño.

 

CONSULTA O PROGRAMA NESTA LIGAZÓN

0.12581396102905