Rábade clausura este xoves as súas escolas deportivas

LugoXa | TerraChaXa
Nesta xornada de convivencia reuniranse todos os rapaces e rapazas que participaron durante todo o curso para ofrecer unha demostración
escolas-deportivas-rabade-clausura
27 May 2026

O Concello de Rábade celebra este xoves, 28 de maior, ás 17.30 horas, no pavillón municipal, a clausura das escolas deportivas que se celebraron durante todo o ano nas especialidades de atletismo, xadrez, ximnasia rítmica, tenis de mesa e patinaxe, entre outros.

Nesta xornada de convivencia reuniranse todos os rapaces e rapazas que participaron durante todo o curso para ofrecer unha demostración do aprendido e festexar o fin de festa.

0.13495278358459