Rábade escolle aos gañadores do concurso de postais

LugoXa | TerraChaXa
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 30 de decembro, ás 17.00 horas, no Centro Sociocultural
premios-postais-rabade
17 Dec 2025

O Concello de Rábade fixo pública a listaxe de gañadores e gañadoras do Concurso de Postais de Nadal 2025, unha iniciativa dirixida á infancia e á mocidade do municipio que busca fomentar a creatividade e a participación durante estas datas festivas.

O certame contou con distintas categorías por idades. Na categoría dos máis pequenos, o primeiro premio foi para Ánxela Lage Iglesias, o segundo para Alba Fernández Santos e o terceiro para Nico Caamaño Parga. Na segunda categoría, o primeiro premio foi para Yanira Casanova Rábade, o segundo para Naia Beceiro Bouso e o terceiro para Sara Penelas López. Na categoría de maior idade, o primeiro premio recaeu en María Nogareda Sánchez, de 13 anos; o segundo foi para Iván Jesús Río Pernas, de 14; e o terceiro para Noa Engroba Bóveda, de 13.

Desde o Concello lembran que o acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 30 de decembro, ás 17.00 horas, no Centro Sociocultural de Rábade. Todas as persoas participantes recibirán un diploma en recoñecemento ao seu esforzo e participación.

O Concello de Rábade quixo felicitar publicamente ás persoas premiadas e agradecer a todas e todos os nenos e nenas que participaron no concurso, destacando a calidade e a imaxinación das postais presentadas.

⚙ Configurar cookies
0.10954689979553