Rábade opta por non celebrar as festas de San Vicenzo

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rabade non acollerá este ano a súa tradicional festa de San Vicenzo, a primeira festa do ano para o Concello e na que se fai de forma conxunta a Feira de exaltación do Mexillón.
Captura de pantalla 2018 12 28 a las 10.29.07
14 Xan 2021

O Concello de Rabade non acollerá este ano a súa tradicional festa de San Vicenzo, a primeira festa do ano para o Concello e na que se fai de forma conxunta a Feira de exaltación do Mexillón. Ten lugar a última fin de semana de xaneiro con tres días de celebración.

Este ano, a comisión decidiu non facer as festas debido á situación sanitaria, e en especial agora coas restricións aínda más duras.

Tampouco terá lugar a que sería a XVIII edición do Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín, Negrín. Nesta celebración prodúcese todos os anos unha gran concentración de persoas, polo que decidiron deixar pasar ata que mellore a situación sanitaria.

0.19917917251587