Rábade repartiu os 3.400 euros en premios do seu certame de Pintura Rápida
O sol e as altas temperaturas foron as protagonistas este sábado do XIV Certame de Pintura Rápida organizado polo Concello de Rábade e no que o madrileño Andrés Gabarri Cagiao fíxose co primeiro premio, dotado con 1.200 euros ofrecidos polo Concello.
O segundo, dotado con 800 euros patrocinados por Finsa, foi para Raúl Gil Burés, de Taragoña. O terceiro, de 600 euros, a cargo de Mercontrol, recaeu en Abraham Pinto Mendoza, procedente da localidade sevillana de Utrera.. Finalizou a listaxe con Néstor López Casás, de Xixón, que se levou os 500 euros doados por Sariego do cuarto.
Así mesmo outorgáronse tres accésit de 100 euros que foron para Manuel Ángel Serantes Morán de Ponferrada, Isabell Seidel de Amoeiro e Pablo Caurel Abael de Cacabelos. En total, repartíronse 3.400 euros en premios.
O xurado destacou a gran calidade e diversidade de estilos das obras así como a importante afluenza de pintores.