Rafting, paddle surf e bicicletas eléctricas encherán Lugo no mes de agosto

LugoXa
A concellería de Xuventude de Lugo organiza actividades de aventura na contorna do río Miño en agosto para a mocidade.
actividades agosto lugo
24 Xuño 2022

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciaba no día de hoxe, que no mes de agosto se levarán a cabo actividades, todas elas enmarcadas cara o impulso da zona fluvial como zona de ocio e deporte. Serán xornadas de aventuras incluídas no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, “co obxectivo de achegar alternativas de ocio saudables e de balde, destinadas á mocidade de máis de 14 anos, no entorno do Miño” apuntaba o edil responsable da área, Mauricio Repetto.

A confluencia dos tres patrimonios será o punto de partida, xa que a primeira parte desta aventura será en bicicleta eléctrica, os participantes atravesarán parte do novo carril bici, ata o río Miño. Un percorrido panorámico por zonas rurais protexidas pola súa beleza natural tales como o espazo LIC Parga-Ladra-Támoga, dentro da Rede Natura 2000.

A segunda parte da aventura, realizarase a bordo de kayaks, tablas de padel surf e balsas de rafting, permitindo aos participantes intercambiar embarcacións nas que poderán experimentar a emoción do descenso no entorno do río Miño.

En total ofértanse 160 prazas, cun máximo de 20 persoas por grupo, os mércores e sábados dos días 6, 10, 13, 17, 20, 24, 27 e 31 de agosto, ás 10.00h. Os mozos e mozas interesadas en participar, poderán inscribirse en www.lugomasxti.org, dende o 27 de xuño ata o 27 de xullo. As admisións serán feitas por rigorosa orde de inscrición, e non se pode facer máis dunha solicitude no mesmo correo electrónico.

Dende a área de Xuventude, informan que todo o material necesario será proporcionado na mesma actividade

actividades lugo agosto
0.19336104393005