Raiolas Lugo organiza o encontro "Compartindo Medos" para familiares e achegados de persoas autistas

A Asociación Raiolas Lugo celebrará o vindeiro sábado 12 de setembro o encontro "Compartindo Medos", unha iniciativa dirixida a irmáns, irmás e persoas achegadas a persoas autistas. A actividade terá lugar ás 10.30 horas no local situado na rúa Músico Falla número 21, baixo, en Lugo.
O encontro nace coa finalidade de crear un espazo de confianza no que as persoas participantes poidan compartir experiencias e expresar as súas preocupacións, medos ou necesidades relacionadas coa realidade das persoas autistas e do seu contorno familiar e próximo.
A proposta busca favorecer o acompañamento e o intercambio entre persoas que viven situacións similares, ofrecendo un ambiente no que poder falar con liberdade das dificultades e inquedanzas que poden xurdir no día a día.