Raiolas Lugo organiza unha charla para familias sobre como afrontar o diagnóstico de autismo

LugoXa
A sesión, impartida pola psicóloga Nerea Llerena González, celebrarase o 14 de novembro dentro do programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo
visita-raiolas-lugo
7 Nov 2026

A asociación Raiolas Lugo celebrará o vindeiro sábado 14 de novembro unha nova sesión do seu programa Escola de Familias 2026, unha iniciativa dirixida ás persoas socias da entidade e desenvolvida en colaboración co Concello de Lugo.

Nesta ocasión, a actividade levará por título 'O meu fillo/a é autista, e agora que?' e estará impartida por Nerea Llerena González, psicóloga da Unidade de Atención Temperá e Estratexias Psicoeducativas de Aspanaes Coruña.

A charla pretende ofrecer un espazo de información e orientación ás familias para abordar as dúbidas e os retos que poden xurdir tras recibir un diagnóstico de autismo, así como achegar ferramentas e estratexias para acompañar os seus fillos e fillas.

0.1506609916687