Realizan obras de mellora da accesibilidade no barrio da Residencia

LugoXa
A concellería de Infraestruturas atende cada ano preto de 100 solicitudes nesta materia
obras-accesibilidade-a-residencia
30 Mar 2026

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o barrio da Residencia onde a Tenencia de Alcaldía vén de comezar unha nova intervención para mellorar a accesibilidade no barrio. Alexandre Penas explicou que "con esta actuación mellorarase a altura dos rebaixes dos pasos de peóns, adaptacións específicas para garantir que as persoas con mobilidade reducida poidan circular pola vía pública sen barreiras".

A concellería de Infraestruturas Urbanas atende cada ano preto dun cento de solicitudes específicas de accesibilidade. Penas explicou que "ademais de realizar pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importante número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes".

Alexandre Penas lembrou que "desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños".

0.11980295181274