Realizarán melloras no alumeado e no peche perimetral do campo da SD Castroverde

LugoXa
A Vicepresidencia de Deputación realizará melloras no alumeado e no peche perimetral do campo da SD Castroverde
Campo Futbol castroverde
Campo Futbol castroverde
16 mar 2023

Realzaranse melloras na iluminación e no peche perimetral do campo de fútbol Veiga do Olmo, en Castroverde, a través da área de Deporte da Deputación, ademais da adquisición de dous cortacéspedes.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e o deputado de Deportes Efrén Castro visitaron as instalacións, nas que adestra e xoga a SD Castroverde,
acompañados por Richard Huerta, membro da directiva do club, que expuxo as necesidades máis urxentes do recinto: o reforzo do alumeado, coa instalación de catro novos proxectores LED, e do peche perimetral, cunha estrutura de malla que complemente o muro existente.

Efrén Castro, que mantivo tamén unha reunión co alcalde de Castroverde Xose María Arias e coa concelleira de Cultura, Pilar Ferreiro, explicou que o financiamento se canalizará a través dun convenio do Concello de Castroverde, que ten a titularidade das instalacións, e que contemplará, ademais destas melloras, a compra de dous cortacéspedes para facilitar o mantemento da herba natural.

O responsable provincial valorou o traballo que desenvolven os clubs para facilitar o acceso ao deporte en todo o territorio e para crear
espazos de convivencia e vínculos da mocidade co seu concello, unha actividade que apoiamos de forma continuada coas axudas de concorrencia competitiva a entidades deportivas e tamén cos premios por participación na Copa Deputación de Fútbol.