Reanudan as actividades do San Froilán tras a alerta pola borrasca Kirk

LugoXa
Con todo, a actividade ‘Pasmo de pedra’ programada ás 17.00 horas na praza Maior pasará a realizarse na carpa do recinto do San Froilán Miúdo
San Froilan
9 Out 2024

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo informa que, tras a finalización da alerta polo paso da borrasca Kirk, as actividades programadas para as festas do San Froilán serán reanudadas. A programación ao aire libre dará comezo ás 18.00 horas da tarde. Con todo, a actividade ‘Pasmo de pedra’ programada ás 17.00 horas na praza Maior pasará a realizarse na carpa do recinto do San Froilán Miúdo no seu horario previsto.

0.19440197944641