Reanúdanse as obras de reparación da N-540 en Calde

LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo destaca que a intervención solucionará os graves deterioros e forma parte do programa de mantemento da rede de estradas do Estado
n-540-fochanca
23 Feb 2026

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, informou da reanudación das obras de reparación da N-540 ao seu paso por Calde, unha actuación moi demandada pola veciñanza e polos usuarios desta vía.

Segundo explicou, “os traballos retomáronse en canto as condicións meteorolóxicas o permitiron”, dando continuidade a un compromiso adquirido polo Goberno de España a través do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

A intervención permitirá solucionar os graves problemas de deterioro que este tramo arrastraba desde hai anos e que se viron agravados pola climatoloxía adversa das últimas semanas.

A subdelegada subliñou que esta actuación forma parte do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Ministerio leva investidos máis de 120 millóns de euros na provincia de Lugo desde xuño de 2018.

Ademais, anunciou que se desprazará á zona de Calde para supervisar persoalmente o desenvolvemento dos traballos e verificar que a actuación avanza conforme ao previsto.

0.08086895942688