Recense presentará en Genera 2020 as súas solucións para sistemas de fixación
Recense estará presente en Genera, a Feira Internacional da Enerxía e Medio Ambiente, que se celebrará en Ifema Madrid entre o 5 e o 7 de febreiro.
Nesta cita empresarial, a firma lucense presentará as súas últimas solucións en sistemas de fixación relacionados coas enerxías renovables, campo no que está a traballar o seu I+D+i.
Aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sustentable e cos actuais retos do sector, a Feira Internacional de Enerxía e Medio Ambiente, Genera, inicia unha nova etapa co lema Integramos enerxías para un futuro sustentable e baixo os eixos estratéxicos de sustentabilidade, innovación e negocio.
O obxectivo desta feira é ofrecer ás empresas e profesionais unha plataforma de contacto comercial e coñecemento de todas aquelas tendencias, novidades e tecnoloxías que veñen marcando a evolución do sector industrial das enerxías renovables, a distribución, a eficiencia enerxética e as súas principais aplicacións, como en almacenamento, autoconsumo e mobilidade.