Recollen doazóns de sangue en Palas de Rei
LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 31 de agosto no Concello de Palas de Rei para recoller as colaboracións dos veciños.
29 Aug 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 31 de agosto no Concello de Palas de Rei para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas diante do Concello.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.