Recollen doazóns de sangue este luns en Monterroso

LugoXa
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21 horas ao carón do Concello
sangue-doazon-reservas-grupo-sanguineo-1
14 Jun 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 15 de xuño no Concello de Monterroso, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas ao carón do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.12003183364868